1.- O latín
2.- O gascón
3.- O éuskaro (I)
4.- O éuskaro (II)
5.- O éuskaro (III) O Teatro Principal
6.- O castelán
7.- O francés
8.- Linguas esterlino-hanseáticas
A partir da análise realizada por Mikel Zalbide
Que lingua se empregaba en San Sebastián nos séculos pasados: o éuscaro ou o castelán? E algunha outra? Cando se falaba en éuscaro e cando en castelán? Esas linguas, empregábanse verbalmente ou por escrito? Onde e en que ámbitos se empregaba unha lingua ou a outra? A que persoas se dirixían cando utilizaban esas linguas?
Son moitas as preguntas que nos facemos. As respostas que podemos ofrecer son, en cambio, débiles e modestas, e incluso, nalgúns casos, dubitativas.
Non temos respostas absolutas, pero, grazas ao empeño de Mikel Zalbide, recompilamos varias explicacións.
Nota: na realización deste traballo atendeuse á práctica lingüística con certa dimensión social, polo que se ignoraron os acontecementos puntuais e illados. Nese sentido, diríase que son seis as linguas que deixaron a súa pegada na vertente sociohistórica de San Sebastián. Para citalas brevemente, virían ser o latín, o gascón, o éuscaro, o castelán, o francés e, probablemente, o baixo alemán dos esterlino-hanseáticos. Algunhas desas linguas ocuparon un lugar destacado e tiveron unha repercusión enorme; outras, en cambio, deixaron unha pegada máis ben leve –e breve–.