En todo o proceso de recuperación dunha lingua, resulta fundamental fomentar o seu uso en diversos ámbitos: educación, medios de comunicación, corpus, mundo laboral, cultura e administración pública. Na posta en marcha das iniciativas para a recuperación do éuscaro, os movementos sociais, tanto locais como nacionais, desempeñaron un importantísimo labor.
Neste percorrido, coñeceremos momentos históricos, iniciativas, decisións, personaxes e lugares claves para a recuperación do éuscaro en San Sebastián.